Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46762

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicaranlles aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Os días 9, 11, 15, 17 e 18 de decembro de 2014.

4. Lugar de realización:

Academia de Enseñanza Newton, rúa Rouco Varela, 24, baixo, 27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas:

Máximo de 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 9.12.2014

8.30-10.30 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

10.30-12.45 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 11.12.2014

8.30-11.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

11.30-12.45 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

Día 15.12.2014

15.30-16.30 h

Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II.

16.30-19.45 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 17.12.2014

15.30-18.30 h

Prácticas e demostración/exemplificación cos EPI.

18.30-19.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Prácticas.

Día 18.12.2014

15.30-17.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas.

17.30-18.45 h

Repaso xeral.

18.45-19.45 h

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderán solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: os días 9, 11, 15, 17 e 18 de decembro de 2014.

Lugar de realización do curso: Academia de Enseñanza Newton, rúa Rouco Varela, 24, baixo, 27800 Vilalba (Lugo).

Duración: 20 horas teórico-prácticas.

Horario: os días 9 e 11 de decembro en horario de 8.30 a 12.45 horas. Os días 15, 17 e 18 de decembro en horario de 15.30 a 19.45 horas.

Nº de prazas: máximo de 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo), á atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98; fax: 982 57 51 01; correo electrónico: formacion@amarina.org

Xuntarase: fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos

Data de nacemento

NIF/DNI

Enderezo

C.P Localidade

Tel Correo electrónico.........................................