Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46725

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e ordinario, da subministración dun ecocardiógrafo portátil 4D, para a Unidade de Cirurxía Cardíaca (expediente AB-GLR1-14-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2) Domicilio: edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, 3ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 57 76 50.

5) Telefax: 981 57 78 43.

6) Correo electrónico:

cristina.martin.fragueiro@sergas.es e sara.suarez.fernandez@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-14-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun ecocardiógrafo portátil 4D para a Unidade de Cirurxía Cardíaca.

c) División por lotes/partidas e número de eles/as: non.

e) Prazo de execución: 45 días.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33112340-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntos

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Composición e características técnicas

Ata 50

Tecnoloxía e características construtivas

Ata 25

Modos de operación e Interface de manexo

Ata 15

Adaptación ao servizo de destino

Ata 10

As ofertas que alcancen menos de 20 puntos de valoración non automática consideraranse non aptas e serán excluídas da licitación.

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Prezo dos artigos ofertados

Ata 40

Garantía e contrato de mantemento

Ata 6

Tempo de resposta do servizo técnico

Ata 2

Formación

Ata 1

Período de existencia de repostos

Ata 1

4. Valor estimado do contrato: 104.545,45 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 104.545,45 €.

b) IVE 10 %: 10.454,55 €.

c) Importe total (10 % IVE engadido): 115.000,00 €.

6. Garantía exixida: definitiva: definitiva: si (5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de condicións xurídicas.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de condicións xurídicas, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Entidade: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

d) Domicilio: oficinas centrais Galaria. Edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, 3ª planta, San Lázaro, s/n.

e) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante:

www.sergas.es.

b) Enderezo: edificio administrativo do Servizo Galego de Saude, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 outubro de 2014

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.