Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2014/129).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ramos Alidis, S.L.

Domicilio social: polígono industrial O Allo, parcela 14, Baio, Zas.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.

Situación: polígono industrial O Allo, parcela 14, Baio.

Características técnicas: LMTS de 2,5 metros, 3×240 mm², 12/20 tipo Al-2LO, en bucle, que parte da liña do mesmo tipo, propiedade DAE da empresa subministradora, interrompéndoa, con desvío ao CS, sito no edificio do subscritor. Edificio sectorizado: zona de compañía (dúas celas de entrada/saída e cela de conexión ao CT), zona do subscritor (cela de entrada, cela de protección e cela de medida) e acceso ao transformador trifásico redutor de tensión, con neutro accesible en BT, de potencia 630 kVA en baño de aceite e refrixeración natural tipo Onan, de tensión primaria 20 kV e tensión secundaria 420 V en baleiro e grupo de conexión DYN11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º piso, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña