Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0121 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo Monelos-5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0121.

Interesada: Derribex, S.L.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0125.

Interesado: Pedro Varela Barallobre.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0129.

Interesado: Iván Manuel López Orille.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0131.

Interesado: José Antonio Campo Montero.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.