Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2014-0065 e CO-RES-2014-0115.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0065.

Interesada: Salvat Mallorca, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0115.

Interesada: Corina Stefan.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.