Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos da Coruña, Coirós, Vilarmaior, Santiso e Ponteceso.

Ás 11.30 horas do día 2 de decembro de 2014 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, situado na praza de Pontevedra, 22, do concello da Coruña, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 22 de outubro de 2014, 30 de maio de 2014, 8 de maio de 2014, 27 de febreiro de 2014 e 8 de novembro de 2013:

A) Cuarta poxa:

1) Piso primeiro dereita, do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 117,50 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 151, predio 58.596. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0004XG.

Piso primeiro esquerda do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña.
A superficie útil é de 115 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 157, predio 58.598. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0005MH.

Praza de garaxe nº 6 do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,8 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 163, predio 63.222.

Praza de garaxe nº 7, do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,1 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 168, predio 63.224.

18,18 % do predio horizontal número un, que está formado por un sector da planta do soto da mesma casa nº 56, cun pequeno aseo, e pola rampla de acceso ao dito soto. Ten unha superficie de 116,62 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 1.857, libro 1.857, folio 8, predio 63.210.

Tipo de licitación da cuarta poxa: 200.057 euros.

2) Parcela nº 599, situada no lugar de Cortiñas, parroquia de Santa María de Ois, concello de Coirós (A Coruña), cunha superficie aproximada de 185 m2, que, segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Elvira Fraga Rivera (598) e Ángela Pato Sánchez (600); sur, camiño; leste, Ángela Pato Sánchez (600); e oeste, Elvira Fraga Rivera (598). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos como predio nº 6.950, tomo 1.414, libro 81 e folio 193. Referencia catastral: 1470604NH7817S0001AJ.

Tipo de licitación da cuarta poxa: 1.050 euros.

B) Primeira, segunda e terceira poxa:

1) Urbana. Número 2. Local nº 2. Local en planta baixa do edificio que se corresponde cos números 227-229 da avenida de Fisterra, da cidade da Coruña, de 71,80 m2 de superficie construída e 62,63 m2 útiles, que se correspondería en parte coa sección segunda do predio matriz, que conta con acceso independente pola avenida de Fisterra. Cota de participación: 1,50 %. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña como predio nº 98.753, tomo 1.878, libro 1.878 e folio 125. Referencia catastral: 7210303NJ4071S0002DO.

Tipo de licitación da primeira poxa: 71.310,83 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 60.614,21 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 49.917,58 euros.

2) Soar de 409,50 m2 sobre o cal se asenta unha vivenda baixa de 109 m2 de planta e faiado de 44 m2, no lugar de Greleira, Doroña, concello de Vilarmaior. Estrema o conxunto: norte, estrada AC-151; sur, herdeiros de Juan Núñez Corral, hoxe Mª Carmen Vázquez Núñez; leste, Eugenio Brañas Mahía, hoxe María Brañas Varela; e oeste, Concepción Álvarez Fernández. Referencia catastral: 001101700NJ70C0001YZ. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 3.857, ao tomo 1.114, ao libro 35, folio 68.

Tipo de licitación da primeira poxa: 33.702,80 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 28.647,38 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 23.591,96 euros.

3) Predio nº 461-1 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Arcediago-Rairiz-Mourazos, concello de Santiso, terreo dedicado a labradío e monte no sitio do Ligón, que estrema: norte, con María Guerreiro Mouriño (452), sur, con descoñecidos (461-2) e camiño; leste, con descoñecidos (462-2); oeste, con Julio Cajide Vilariño (460). Ten unha extensión superficial de 1.291 m2. Referencia catastral 15080A505104610000YU. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio 8.017, tomo 770, libro 44 e folio 112.

Tipo de licitación da primeira poxa: 8.618,61 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 7.325,82 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 6.033,03 euros.

4) Edificio de planta baixa, de 106 m2, composta de vivenda de 48 m2 e almacén de 58 m2 que ten, pola súa vez, unha planta alta de 26 m2, que fan un total de 132 m2 construídos, asentado sobre un soar dunha superficie total de 1.704 m2 según a actual medición do Catastro, no punto quilométrico 3,000 da actual estrada AC-422, antiga LC-422, de Buño a Ponteceso, hoxe lugar de Pazos de Abaixo, s/n, do municipio de Ponteceso. Referencia catastral 5305805NH1950N0001YM. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo como predio nº 15.176, tomo 1.314, libro 158, folio 97.

Tipo de licitación da primeira poxa: 67.070,17 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 57.009,64 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 46.949,12 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación dos bens perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo o tipo dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen o presente alleamento están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-onselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda