Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46603

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 28 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro (DOG núm. 37, do 24 de febreiro) modificada pola do 19 de marzo (DOG núm. 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, convocar a Víctor José Ramos Mendo con DNI 11974950T, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo que terá lugar na aula número 16 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, o día 14 de novembro de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

O aspirante deberá concorrer provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Isidoro García López
Presidente do tribunal