Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Pita Calvo, Mª Isabel e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, logo de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Pita Calvo, Mª Isabel

32653693H

Tierno Galván, 10, 7º B

15670 Culleredo, A Coruña

500140012785

268,76 €

Bueno Palomino, Felipe

32790169N

Santo Tomás, 28, 5º D

15002 A Coruña

500140012777

57,23 €

Bermúdez de la Puente, Almudena

35435197V

Oblatas, 18

15705 Santiago de Compostela, A Coruña

500140012776

77,06 €

Díaz Veiga, José Ángel

32768161S

R/ Doutor Ferrant, 34, 3º

15002 A Coruña

500140012778

55,86 €