Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46403

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

(euros)

Data de

sinatura

Convenio coa Diocese de Tui-Vigo

Facilitarlles aos emigrantes galegos e aos seus descendentes a busca de documentación das súas orixes

2.500,00 €

12.5.2014

Convenio coa Diocese de Ourense

Facilitarlles aos emigrantes galegos e aos seus descendentes a busca de documentación das súas orixes

4.000,00 €

12.5.2014

Convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Facilitarlles aos emigrantes galegos e aos seus descendentes a busca de documentación das súas orixes

2.500,00 €

12.5.2014

Convenio coa Diocese de Lugo

Facilitarlles aos emigrantes galegos e aos seus descendentes a busca de documentación das súas orixes

2.500,00 €

12.5.2014

Convenio coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Facilitarlles aos emigrantes galegos e aos seus descendentes a busca de documentación das súas orixes

10.000,00 €

12.5.2014

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas

20.000,00 €

30.5.2014

Convenio coa Agrupación Sociedades Representativas de Municipios y Parroquias de Galicia en La Habana, Cuba

Financiamento dos gastos de funcionamento e conservación das instalacións e adquisición de equipamento e actuacións formativas e culturais

28.905,00 €

7.6.2014

Convenio co Consorcio Galego Servizos de Igualdade e Benestar, a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba e a Comunidade Galega Monterroso e Antas de Ulla Sociedade de Protección y Recreo de La Habana

Apoio no desenvolvemento de actuacións socioasistenciais a prol dos galegos residentes en Cuba

40.000,00 €

7.6.2014

Convenio coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestar asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega

60.000,00 €

8.5.2014

Convenio coa Fundación España Salud de Venezuela en Caracas

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas

30.000,00 €

8.5.2014

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas

30.000,00 €

8.5.2014

Convenio coa Casa de Galicia en Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención sociosanitarias

35.000,00 €

6.5.2014

Convenio coa Hermandad Gallega de Valencia en Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas, Venezuela

20.000,00 €

8.5.2014

Convenio co Hogar Español de Ancianos en Montevideo, Uruguai

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

60.000,00 €

6.5.2014

Convenio coa Asociación Española de Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria para persoas de orixe galega e descendentes

20.000,00 €

6.5.2014

Acordo coa Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia

Realización de actividades da área expositiva nas comunidades galegas do exterior

50.000,00 €

20.6.2014

Addenda ao convenio coa Fundación España Salud de Venezuela en Caracas

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

20.000,00 €

20.7.2014

Acordo co Consello da Cultura Galega

Realización de actividades relacionadas coa emigración galega

42.500,00 €

23.7.2014