Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1098/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento monitorio 1098/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Iglesias Vázquez en materia de procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acórdase o arquivamento dos presentes autos de proceso monitorio, seguidos por instancia de Laura Iglesias Vázquez, fronte a Azart Arquitectura, S.L.P., logo de baixa nos libros correspondentes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Azart Arquitectura, S.L.P., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial