Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os siguintes acordos:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal