Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 17 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifica ás entidades interesadas o requirimento de documentación para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e no Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo o requirimento de documentación para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e no Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento e proceder á súa inscrición no Rexistro da Galeguidade.

Se transcorridos os seis meses desde a entrada en vigor do antedito decreto non se acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na lei e no decreto, esta secretaría incoará de oficio o procedemento de revogación do seu recoñecemento de conformidade co disposto no artigo 17.3 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Entidade interesada: Casa Galega de Zamora.

Acto notificado: requirimento de documentación, do 12 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración.

Entidade interesada: Casa de Galicia de Puerto del Rosario.

Acto notificado: requirimento de documentación, do 12 de xuño do 2014, da Secretaría Xeral da Emigración.

Entidade interesada: Centro Gallego de Lanzarote O Noso Lar.

Acto notificado: requirimento de documentación, do 12 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración.