Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (260/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 260/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Otilia Varela Lista contra Suárez Sancio, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 518/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 260/2014.

Demandante: María Otilia Varela Lista.

Letrado: Sra. Prego Candal.

Demandados: Suárez Sancio, S.L. e o Fogasa.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Otilia Varela Lista fronte á empresa Suárez Sancio, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 223,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 16,23 euros/día.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Suárez Sancio, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial