Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014 pola que se anuncia a corrección de erros da Resolución do 15 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación, como contrato administrativo especial, procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite de urxencia, da explotación da cafetaría comedor no edificio da Escola.

O 28 de outubro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 206 unha resolución pola que se anuncia a contratación da explotación da cafetaría comedor no edificio da Escola Galega de Administración Pública.

Observado un erro no anexo VII do prego de cláusulas administrativas particulares, concretamente no cadro de persoal que presta servizo na actualidade, acórdase modificar a categoría dun dos traballadores. No canto de «camareiro» debe figurar «encargado».

Así mesmo, acórdase outorgar un novo prazo para a presentación de propostas, que comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública