Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 12/12 AIA).

Luis Pardo Longueira, en representación de Invespar Desarrollos, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura para unha actividade dedicada a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) en tratamento de residuos e auga, sita na avenida da praia, parcela 108-B do polígono industrial de Sabón, Arteixo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as alegacións e reclamacións que xulguen oportunas. O correspondente expediente pode consultarse nas oficinas deste concello.

Arteixo, 9 de outubro de 2014

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo