Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46173

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes neste consello.

Por Resolución do 2 de setembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 173, do 11 de setembro, publicouse a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes neste consello que se detallan no anexo desta resolución.

De conformidade coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e segundo o establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, este consello

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Resolución deste consello do 2 de setembro de 2014 e designar as persoas funcionarias cuxos datos se sinalan no anexo desta resolución para ocuparen os postos que tamén se especifican.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data en que deben cesar no seu actual destino, algunha das persoas funcionarias está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo de tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da presidencia do Consello Consultivo de Galicia poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicitar a persoa interesada por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde causen baixa as persoas funcionarias, así como a daquel en que obteñan destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Mª Carmen Paz Galbán.

NRP: 3544835410 A2653.

Subgrupo: C1.

Corpo ou escala: corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Madrid.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretaria de presidente.

Código de posto: CCG 035.

Nivel: 20.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Francisco Javier Santos Pérez.

NRP: 3326118935 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretario de conselleiro.

Código de posto: CCG 038.

Nivel: 20.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.