Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/095).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT San Pedro de Visma.

Situación: A Coruña.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión soterrada SPV-707, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,058 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-707, no tramo entre a derivada ao CT particular Chatarrería Mata e o CT Fernando Macías (expediente 7474), despois de realizar entrada e saída no CS Chatarrería Mata que será instalado polo solicitante da subministración.

Tramo liña de media tensión soterrada SPV-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-709, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Manuel Murguía-Fte Agra (expediente 38/99).

Tramo liña de media tensión soterrada SPV-710, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-710, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Comandante Barja (expediente 34070).

Tramo liña de media tensión soterrada SPV-711, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-711, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CS Conservatorio.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña