Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46055

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Mediante a Resolución do 18 de xullo de 2014 publicouse o acordo, do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 141, do 28 de xullo), e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Esas bases establecen no seu artigo 10.5 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución definitiva e substituirase a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo
www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 30.10.2014, de concesión das axudas do Igape aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. Unha vez transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución sen que o interesado comunique expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nas bases reguladoras da axuda e nas demais disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992. No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

Terceiro. A resolución definitiva do 30.10.2014 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica