Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de convocatoria, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de xestión, mediante concesión, do servizo público da escola infantil municipal Sorrisos.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Goberno Local. Número de expediente: 09/C/14.

2. Obxecto do contrato: descrición do obxecto: xestión, mediante concesión de escola infantil municipal. Lugar de execución: polígono empresarial de Merelle (Ordes). Prazo de execución: tres anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto.

4. Garantías: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

5. Obtención de información e documentación:

Concello de Ordes (www.concellodeordes.com). Domicilio: Alfonso Senra, s/n, 15680 Ordes. Teléfono: 981 68 00 02. Fax: 981 68 22 21. Data límite de obtención de información e documentación: o décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no BOP.

6. Presentación de proposicións:

Data límite: o décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio en boletíns oficiais. Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación; ten que ser utilizado como modelo de proposición o que figura no prego. Lugar de presentación: no Rexistro Xeneral do Concello de Ordes, das 9.00 ás 14.00 horas (luns a venres).

Ordes, 7 de outubro de 2014

Manuel Regos Boquete
Alcalde presidente