Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias dos departamentos territoriais desta consellería (expediente 1/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan como máximo doce (12) meses.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na alínea N do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 76.855,00 €, IVE (21 %): 16.139,55 €. Importe total: 92.994,55 €.

Valor estimado: 153.710,00 € (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A, está exento de presentar solvencias (alínea H da carátula).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K da carátula.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 50 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21433

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar