Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (100/2014).

Execución de títulos xudiciais 100/2014.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 929/2012.

Sobre: ordinario.

Demandante: Dolores Regueiro Fraga.

Avogada: Milagros Verde Crespo.

Demandada: María Mercedes Bures Cores.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 100/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Regueiro Fraga contra María Mercedes Bures Cores, sobre ordinario, se ditou o día 10 de outubro de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total por importe de 10.530,86 euros de principal, máis 1.053,09 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

A secretaria xudicial