Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/072-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/072-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS Ferromeira-Portofranco.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CS Gundín-CS Malasa: proxéctase en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al) discorrendo canalizado dentro de tubo de polietileno reticulado en treitos de nova canalización e canalización existente, e que terá o seu inicio na cela de liña existente no CS Guntín (expediente IN617B 2007/188) e finalizará na cela de liña existente no CS Malasa (expediente vREIG 15/030136). A lonxitude total da LMT subterránea proxectada será de 447 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña