Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/185-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS e CTS Pazo de Liñares.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 na derivación ao CT Alto da Pena e final no pórtico do CT Alto da Pena. LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 510 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no CT proxectado Pazo de Liñares. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Liñares, Prado, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra