Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (375/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 375/2012 por instancia de María Lorena Casais Insua contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 6 de outubro de 2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por María Lorena Casais Insua fronte a Esabe Vigilancia, S.A. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar á demandante a cantidade de dous mil setecentos tres con trinta e catro euros (2.703,34 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

A secretaria xudicial