Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de outubro de 2014 pola que se notifica a ampliación do prazo para ditar resolución no expediente sancionador por infracción urbanística IU3/68/2011-SA1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de setembro de 2014, ampliar o prazo para ditar resolución no expediente sancionador por infracción urbanística IU3/68/2011-SA1, incoado a José Antonio Vázquez Pérez como presunto responsable dunha infracción urbanística moi grave tipificada no artigo 217.2 b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do medio rural de Galicia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística