Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da actuación Vía Ártabra, treito N-VI – AP-9. Clave AC/047156.01.4.1 (expediente AT/011/2014).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

Contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da actuación Vía Ártabra, treito N-VI – AP-9. Clave AC/047156.01.4.1 (expediente AT/011/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: AC/047156.01.4.1 (AT/011/2014).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=20455

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da actuación Vía Ártabra, treito N-VI – AP-9.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (5 de maio de 2014); BOE (9 de maio de 2014); DOG (9 de maio de 2014).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 438.697,54 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 438.697,54 €. Importe total: 530.824,02 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: UTE Tipologías Estructurales en Madera, Hormigón y Acero, S.L.-Tecpro Ingeniería, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 313.164,25 €. Importe total: 378.928,74 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas