Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de rehabilitación de edificio para centro de día de Cambados. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 42/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20525

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación de edificio para centro de día de Cambados (Pontevedra).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 104, do 3 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 660.345,46 €. IVE: 138.672,55 €. Importe total: 799.018,01 €.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado pola Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 139, do 11 de xuño).

O eixe, medida e tipo de actuación son os seguintes: 3.32.CA.1-Mellora das estruturas para a protección social no medio rural.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de setembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 25 de setembro de 2014.

b) Contratista: Copcisa, S.A.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 560.567,26 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar