Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45762

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2014 de cesamento dun membro do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e o nomeamento do seu substituto.

A Secretaría do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia enviou o 9 de outubro de 2014 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que comunica o cesamento por petición propia dun membro deste comité, María Teresa Vázquez Pumariño.

Antecedentes:

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités de ética de investigación clínica de Galicia. No relativo á súa composición, o artigo 5.4 sinala que os membros deste comité «serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada entre homes e mulleres».

En aplicación do que dispón este artigo, mediante a Resolución do 17 de setembro de 2013, que se publicou no DOG núm. 181, do 23 de setembro, concedeuse a acreditación do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo. Entre elas figuraba María Teresa Vázquez Pumariño, diplomada universitaria en Enfermaría. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Consideracións legais e técnicas:

O punto 7 do artigo 5 do arriba citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón: «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do Comité, aínda que poderá ser revogado, ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se ter modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o Comité, ou ben por incumprimento notorio das súas funcións, ao criterio do Comité, e logo audiencia do/a interesado/a».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento de María Teresa Vázquez Pumariño, por petición propia á súa solicitude, como membro do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia.

Así mesmo, nomear a María José Ferreira Díaz, diplomada en Enfermaría e procedente do Hospital Universitario Lucus Augusti, coa finalidade de manter os requisitos para a acreditación dese comité.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade