Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación, como contrato administrativo especial, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite de urxencia, da explotación da cafetaría comedor no edificio da Escola Galega de Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral (Servizo Económico-Administrativo).

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

2. Domicilio: rúa Madrid, 2-4.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4. Teléfonos: información de índole técnica e administrativa: 981 54 62 40 e 981 54 62 42.

5. Telefax: 981 54 63 37.

6. Correo electrónico: económico.egap@xunta.es; secretaria.egap@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?=21384

8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

9. Número do expediente: 148297.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación da cafetaría e comedor da EGAP.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non lotes.

d) Lugar de execución: edificio EGAP.

e) Prazo de execución: dous (2) anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPA 56; CPV: 55330000-2 e 553000000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificación do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base do canon: 100 €/ano.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: pola contía do canon ofertado para os dous anos de vixencia do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 63 37.

c) Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro da EGAP.

b) Domicilio: rúa Madrid, 2-4.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data da apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Secretaría Xeral da EGAP.

b) Dirección: rúa Madrid, 2-4.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública