De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 7 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 24 de outubro) para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada, grupo II, e comprobado que o aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
resolve:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Categoría laboral: técnico/a de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Quenda: promoción interna.
Número de orde: 1.
Apelidos e nome: Oreiro Formoso, Juan.
DNI: 33266841D.