No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2015, cun tipo de licitación de 50.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). Corresponde ao gasto en bancos a cantidade de 32.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos) e ao gasto en marquesiñas a cantidade de 18.000,00 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es
Ourense, 17 de outubro de 2014
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense