Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de outubro de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 23 de setembro de 2014, ditada no expediente sancionador AC-150/14 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira; os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións que xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-150/14.

Denunciado: Darío Blanco García.

NIF: 47353709-K.

Establecemento: Café-Bar Pub Sampues.

Enderezo: rúa Sanjurjo de Carricarte, 10, baixo.

Localidade: Culleredo.

Precepto infrinxido: artigo 109.2 letra a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 23 de setembro de 2014.

Sanción: apercibimento e multa de cen euros (100 €).