Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0083/2014-PPM e PSC-CO-0009/2014-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0083/2014-PPM e outro.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0083/2014-PPM.

Persoa interesada: Sergio Vilela Lago.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: lg. Nemiña, 40, Muxía.

Expediente: PSC-CO-0009/2014-PPM.

Persoa interesada: José A. Puente Marrozos.

Acto de notificación: propuesta de resolución.

Último enderezo coñecido: Vila de Cee, 14-3º dta., Culleredo.