Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes (dous lotes) (expediente 20/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes (dous lotes).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20719

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 138, do 22 de xullo de 2014.

e) División por lotes e número: si.

• Lote 1: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, situado no lugar de Quián, s/n, concello de Boqueixón (A Coruña).

• Lote 2: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, situado na rúa Igrexa, nº 19, concello de Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 44.022,00 €, IVE (21 %): 9.224,62 €. Importe total: 53.266,62 €.

Valor estimado: 88.044,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, situado no lugar de Quián, s/n, concello de Boqueixón (A Coruña).

a) Data da resolución de adxudicación: 12 de setembro de 2014.

b) Adxudicataria: Galaica Servizos Auxiliares, S.A.

c) Importe sen IVE: 12.728,10 €.

IVE 21 %: 2.672,90 €.

Importe total: 15.401,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 15 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 2: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, situado na rúa Igrexa, nº 19, concello de Pontevedra.

a) Data da resolución de adxudicación: 12 de setembro de 2014.

b) Adxudicataria: Galaica Servizos Auxiliares, S.A.

c) Importe sen IVE: 12.728,10 €.

IVE 21 %: 2.672,90 €.

Importe total: 15.401,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 22 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar