Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45615

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a incentivación da demanda comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013 e se procede á súa convocatoria (IN220A).

missing image file

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 das bases reguladoras da orde, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo e que complementan as concedidas en virtude da Resolución do 5 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm 55, do 20 de marzo), ao abeiro da Orde do 15 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a incentivación da demanda comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013 e se procede á súa convocatoria (IN220A).

As actuacións financiaranse co crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.02.751A.781.1 (Asociacionismo comercial e integracións estratéxicas) por un importe de 44.656 euros.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Solicitante

CIF

Descrición do proxecto

Localidade

Provincia

Subvención

Federación Unión de Comercios Coruñesa

G70309752

Incentivación da demanda comercial

A Coruña

A Coruña

2.656

Federación de Asociaciones Empresariales de As Mariñas

G15992829

Incentivación da demanda comercial

A Coruña

A Coruña

42.000