Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no curso dun procedemento de resolución de contrato de alugamento por falecemento do titular, polo que se emprazan varios interesados.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio dos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse estes para que comparezan no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lles dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 2 de outubro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: PO.83/500, cta. 64.

Nome dos interesados: comunidade hereditaria de Jesús Martínez Moreira.

Domicilio da vivenda: rúa de Val Miñor, nº 5, 1º H, do concello de Vigo.

Indicación do contido do acto: resolución contrato de alugamento por falecemento.