Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45500

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014 pola que se convoca a xornada
A natureza voluntaria ou laboral das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2014 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a xornada A natureza voluntaria ou laboral das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro. Esta actividade desenvolverase conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Informar o sector deportivo sobre os distintos encadramentos xurídicos das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro por adestradores, técnicos, deportistas e outras figuras.

De forma concreta, esta xornada ten por obxectivos facilitar información práctica sobre a normativa en vigor nos ámbitos laboral e de acción voluntaria, e actualizar os coñecementos dos axentes deportivos para a mellora última das súas competencias.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– O voluntariado deportivo.

– As relacións laborais no ámbito deportivo.

3. Destinatarios.

Responsables das entidades deportivas galegas, principalmente clubs e federacións deportivas, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data e horario: 6 de novembro de 2014, das 16.00 ás 20.00 horas.

Duración: 4 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/

As persoas solicitantes poderán obter máis información, das 8.30 ás 14.30 horas, chamando aos seguintes números: 981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Prazo de inscrición.

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de novembro de 2014.

8. Modificacións.

A EGAP reservase para si facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Ao final da xornada entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública