Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican acordos de incoación de expediente sancionador derivados da aplicación do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou os acordos de incoación de expediente sancionador en cumprimento do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, e do Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes, constituíndo a súa non xustificación infracción grave segundo o artigo 31.2.b) e 31.2.l) da Lei 21/1992, de industria, e do artigo 33.3.l) da Lei 9/2004.

Intentada a notificación dos acordos de incoación de expediente sancionador relacionados no anexo, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselles aos interesados o acordo de incoación de expediente sancionador para que poidan ter coñecemento del, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, se lles concede un prazo de quince (15) días para presentaren na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra cantas alegacións e/ou documentos xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 10 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de acordos de incoación de expediente sancionador
no procedemento IN635C

Nº expte.

Destinatario

Enderezo

Concello

Causa

2014/11

Pérez Berdeal, José

Malvido, núm. 15, Ardán

Marín

Non xustificar os requisitos para realizar a súa actividade

2014/9

Fabián Salamone, Sergio

R/ Real, núm. 27

Ponteareas

Non xustificar os requisitos para realizar a súa actividade

2014/140

Alonso Pérez, Adrián

Ervillás, núm. 66, Vincios

Gondomar

Non xustificar os requisitos para realizar a súa actividade