A Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.
Unha vez realizado o segundo exercicio o día 2 de setembro de 2014, tendo en conta diversas cuestións técnicas relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda