Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de requirimento de pagamento de débedas LRD-014/14 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefe da Área Provincial do IGVS.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 3 de outubro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: LRD-014/14.

Interesada: comunidade hereditaria de Josefa López Castro.

Último enderezo coñecido: Aquilino Iglesia Alvariño, 2, bloque 2, portal 2, 6º A, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-026/14.

Interesada: comunidade hereditaria de Ángel Real López.

Último enderezo coñecido: rolda das Fontiñas, 164, portal 1, 1º A, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-036/14.

Interesada: comunidade hereditaria de José María Fernández Varela e Amable Lence Fernández.

Último enderezo coñecido: Aquilino Iglesia Alvariño, 15, bloque 1, portal C2, 5º C, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.