Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014053AL-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de setembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2014053AL-OU, incoado a Logística Ourense, S.L., CIF B32396236, e enderezo no polígono San Cibrao, sector C, rúa 6 de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Logística Ourense, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Novagalicia Banco. Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, se procederá ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 1 de outubro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014053AL-OU.

Denunciada: Logística Ourense, S.L.

DNI/NIF/CIF: B32396236.

Último enderezo coñecido: polígono San Cibrao, sector C, rúa 6 de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Feito imputado: infración da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: catrocentos euros (400,00 €).