Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 38/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Castro Sánchez contra Fraidafresco, S.L., administracion concursal Santiago Andaluz Corujo, Pescados Rosa, S.L., Pescados Fraida, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Sentenza: 499/2014.
Xuíz: Javier López Cotelo.
Procedemento: despedimento 38/2014.
Demandante: Verónica Castro Sánchez.
Letrado: Sra. Gómez Lozano.
Demandados:
– Fraidafresco, S.L.
– Pescados Fraida, S.L.
– Administración concursal de Fraidafresco, S.L. e Pescados Fraida, S.L.
O Fogasa.
Sentenza 499/2014.
A Coruña, 30 de setembro de 2014.
Decisión:
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Verónica Castro Sánchez fronte ás empresas Fraidafresco, S.L., e Pescados Fraida, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección das empresas, a que extingan a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.
A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.
2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:
– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 23.877,94 euros.
– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 72,03 euros €/día.
3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.
Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.
Así o pronuncio, mando e asino.
Javier López Cotelo.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.
E para que conste e sirva de notificación a Fraidafresco, S.L.; Pescados Fraida, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 30 de setembro de 2014
A secretaria xudicial