Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do servizo de arrendamento sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles de 66 equipamentos multifunción para diversos centros (expediente AB-EIL1-13-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Número de expediente: AB-EIL1-13-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: arrendamento sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles de 66 equipamentos multifunción (escáner, impresora, fotocopiadora e fax) para diversos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lote: tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30121100-4.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de marzo de 2014 no DOUE; 3 de abril de 2014 no BOE e 25 de marzo de 2014 no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 405.060,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 243.036,00 euros.

Importe total: 294.073,56 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2014.

c) Contratista: véxase o anexo.

d) Importe ou canon de adxudicación: véxase o anexo.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: mellores ofertas técnicas e económicas (para máis información, véxase o perfil do contratante: www.sergas.es).

Contratistas

Lotes

Importe neto

Importe total

Nea F3 Ibérica, S.L.U.

1

83.835,00 euros

101.440,35 euros

Sistemas Macrocopia, S.L.

2 e 3

100.738,62 euros

121.893,73 euros

184.573,62 euros

223.334,08 euros

Lugo, 25 de setembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos