Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45195

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acordo dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Unespa e Consorcio de Compensación de Seguros

Convenio marco para a atención de lesionados en accidente de tráfico mediante servizos de emerxencia sanitaria para os exercicios 2014, 2015 e 2016

19.6.2014

Non ten