Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 45024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de convocatoria de concurso para a cesión da explotación de catro inmobles en Pazos de Arenteiro.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Boborás (Ourense).

2. Obxecto do contrato.

Adxudicación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da explotación de catro inmobles de titularidade municipal en Pazos de Arenteiro (Boborás) para o seu destino a establecementos de turismo rural ou outras actividades directamente relacionadas coa dinamización turística deste núcleo histórico-artístico.

Prazo: dez (10) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

5. Orzamento de licitación.

Non se establece canon mínimo.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Boborás (Ourense).

Lugar: Secretaría/oficinas municipais.

Enderezo: r/ Cristóbal Colón, s/n, 32514 Boborás, Ourense.

Teléfono e fax: 988 40 20 08-988 40 21 08.

7. Presentación de proposicións.

O prazo de presentación de proposicións será de vinte días naturais (20), contados a partir do seguinte ao da inserción do último anuncio de convocatoria no BOP e no DOG, en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.Se o último día para a presentación de proposicións cae en sábado ou festivo, as plicas entregaranse o primeiro día hábil seguinte.

8. Apertura de ofertas.

A apertura de plicas será realizada pola mesa de contratación, ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábados), a aquel en que remate o prazo de presentación.

9. Criterios de valoración.

Os sinalados nas bases de contratación.

10. Gastos de anuncios.

Sempre por conta do adxudicatario.

Boborás, 15 de setembro de 2014

O alcalde