Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 45004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación 109/2013 e 117/2013.

Contratación do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso de infraestruturas de telecomunicacións do Plan de banda larga (PDBL) no marco da Axenda Dixital Europea 2020 (expediente 109/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de coordinación e apoio ao despregamento de redes de banda larga fixa e sen fíos, así como a definición de novas actuacións e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso destas redes e o soporte e atención aos axentes interesados.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 17.8.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 914.850,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes fixas do Plan de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda: orzamento total de licitación de 161.837,50 € (IVE incluído).

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes sen fíos e análise do estado do Plan de banda larga en Galicia: orzamento total de licitación de 207.152,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 14.3.2014.

– Lote 2: 14.3.2014.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 4.4.2014.

– Lote 2: 4.4.2014.

c) Contratista:

– Lote 1: Everis Spain, S.L.U.

– Lote 2: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 151.318,06 € (IVE incluído).

– Lote 2: 186.340,00 € (IVE incluído).

Contratación do servizo para o fomento das actuacións de desenvolvemento dixital de Galicia e a súa converxencia co horizonte europeo para 2020 (expediente 117/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o fomento das actuacións de desenvolvemento dixital de Galicia e a súa converxencia co horizonte europeo 2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 30.9.2013, DOUE do 21.9.2013 e BOE do 7.10.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.485.619,83 €.

5. Orzamento base de licitación: 495.206,61 €, máis 103.993,39 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 599.200,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 4.4.2014.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 532.688,80 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia