Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 45021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Fernanda López Crecente.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 236/2014 (procedemento abreviado), interposto por María Fernanda López Crecente contra a Resolución desta dirección xeral do 16 de xuño de 2014 que inadmite e subsidiariamente desestima o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas de persoal licenciado sanitario deste organismo (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), corrixida por Resolución do 20 de febreiro de 2014 (DOG núm. 43, do 4 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos