Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/212/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na súa repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 3 de setembro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Juan Pablo Segade Abad e a Anuncia Abad Paredes, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción de varias edificacións no lugar de Curuxas, Soutilo, Veigue, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística