Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión de requisitos, análise funcional, desenvolvemento correctivo e evolutivo e apoio á implantación dos sistemas de información hospitalarios de Galicia (Sihga) (expediente AB-SER1-14-031).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-031.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de requisitos, análise funcional, desenvolvemento correctivo e evolutivo e apoio á implantación dos sistemas de información hospitalarios de Galicia (Sihga).

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72222000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 113, do 16 de xuño de 2014.

Boletín Oficial del Estado nº 139, do 9 de xuño de 2014.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2014/S 107-188473, do 5 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.975.184,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 987.592,20 euros. Importe total: 1.194.986,56 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 12.8.2014.

b) Data de formalización: 1.9.2014.

c) Contratista: Coremain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 809.885,64 euros. Importe total: 979.961,62 euros.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos