Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de limpeza da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo e do servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-14-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-14-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo e do servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) Lote (no seu caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 174.402 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 116.268,00 euros. Importe total: 140.684,28 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.8.2014.

b) Data de formalización del contrato: 1.9.2014.

c) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (Linorsa).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 113.868 euros. Importe total: 137.780,40 euros.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos